BOIRO> Por terceiro ano consecutivo, o centro de formación e viveiro de empresas de Boiro, situado no polígono de Espiñeira, acolleu hoxe, durante unha única xornada, a Feira de Emprego do Barbanza, co finalidade de impulsar o talento e a economía local.
Na mesma contouse coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral.
Durante a xornada os asistentes puideron asistir tamén a charlas inspiradoras de oficios con futuro, nichos de emprego na comarca, opcións de formación regrada e non regrada e de traballo na Administración pública ou de iniciativa privada.
Na feira contouse tamén cun espazo de stánds destinado ás empresas, entidades e centros formativos, coa participación de empresas de referencia non só de ámbito local senón tamén nacional e internacional.











