Inclusión e deporte volverán ir da man na Carreira pola Diversidade de AMBAR

RIBEIRA> Inclusión e deporte son os valores principais que promove a Carreira pola Diversidade de Ambar que se celebrará o 10 de maio en Ribeira. Os fondos recadados nestas proba solidaria destinaranse ó financiamento do Ecosistema de Vivendas inclusivas da entidade.

A explanada de Coroso será punto de partida e meta da Carreira pola Diversidade de AMBAR que se celebrará o domingo 10 de maio. Nesta duodécima edición, a proba incorpora as categorías habituais xunto cunha proba lúdica e algunha que outra sorpresa.

Dende o concello de Ribeira animan a toda a veciñanza a participar na proba para medir forzas con corredores como Jonatan, do equipo de running de AMBAR, que leva todo o ano adestrando para esta cita deportiva.

As inscricións xa se poden realizar a través da web www.cronotec.es cun custo de sete euros e medio. Todo o recadado destinarase a subvencionar o proxecto de rehabilitación de vivendas inclusivas que AMBAR ten en marcha no concello de Boiro.

Os que non poidan correr ese día dispoñen tamén dun dorsal cero para facer o seu donativo.