Aberto o prazo para reservar posto no Maio Vintage de Boiro

BOIRO> O sábado día 2 de maio terá lugar unha cita xa consolidada no calendario de eventos de Boiro. O Maio Vintage reunirá na rúa peonil a numerosos colectivos e asociacións con diferentes propostas que buscan dinamizar o tecido comercial e hostaleiro da vila.

Boiro dá a benvida a primavera co Maio Vintage, unha adaptación da festa dos maios que abre o calendario de eventos ó aire libre. Será o día 2 con diferentes escenarios ó longo da rúa peonil na que as propostas culturais mesturaranse cos numerosos postos do mercado.

Este ano colabora na organización o colectivo de voluntariado Turbina que anima á veciñanza a participar no evento acudindo ademais con vestimenta inspirado nos anos 30.

Os interesados en montar un posto aínda están a tempo de inscribirse a través do enderezo electrónico ideasamoreas@gmail.com. As bases xa están dispoñibles na web municipal.