LOUSAME> A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada do alcalde, Esteban Ares, e a directora territorial da consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, comprobou o resultado dos traballos levados a cabo nos núcleos de Corral de Abaixo, Chousa e Corral de Arriba, na parroquia de San Xoán de Camboño.
A actuación, cun investimento de preto de 385 mil euros euros, enmárcase no Plan Hurbe impulsado polo Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións. Neste caso aportando o 70% do orzamento.
Dende o Concello agradeceron a actuación, contribuíndo á mellora estética e funcional destes núcleos.











