A Xunta proxecta unha nova senda peonil en Outes

A consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas proxecta unha nova senda peonil e ciclista en Outes. Construirase na estrada AC-550, entre Viro e Outes, e suporá un investimento de 1,4 millóns de euros.

A tregua do mal tempo permite axilizar as obras do Campo da Mina

Aínda que condicionadas pola chuvias, as obras do campo de fútbol da Mina, avanzan a bo ritmo. O concello de Boiro agarda que o tempo dea unha tregua para concluír os traballos en prazo e poñer a disposición dos veciños de Escarabote esta instalación deportiva proximamente.

Monólogos e teatro amador encherán o auditorio de Ribeira durante o mes de marzo

O auditorio de Ribeira acollerá durante todo o mes de marzo diversas propostas culturais. Os venres haberá monólogos e os sábado teatro amador a cargo de diferentes grupos de toda Galcia. A entrada a tódalas funcións será de balde.

A Xunta anima ás asociacións de empresarios a solicitar axudas para a dinamización comercial

A delegada territorial da Xunta na Coruña desprazouse esta mañá ata Boiro para visitar algúns dos comercios adheridos á Asociación Boirense de Empresas. Alí, Belén do Campo informou de que segue aberta a convocatoria de axudas á dinamización para as asociacións de comerciantes da que a ABE beneficiouse cunha achega de 100 mil euros na súa última edición.

O executivo ribeirense adxudica a restauración do lavadoiro de Penisqueira

O executivo ribeirense vén de anunciar a adxudicación do proxecto para a restauración e a posta en valor do lavadoiro da Penisqueira, situado na parroquia de Aguiño. Destinará a este fin máis de 48 mil euros. As obras unhas vez realizadas permitirán poñer en valor un lavadoiro cunha situación xeográfica excepcional, que o converten nun lugar con vistas privilexiadas sobre a Ría de Arousa e o Atlántico.

A Pobra volverá reivindicar a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento

A POBRA> Como cada ano, A Pobra volverá conmemorar o Día de Rosalía cun amplo programa de actividades en torno á figura da escritora. Ademais...

Noia abrirá este domingo 22 o Calendario Galego de Andainas

Noia celebra este vindeiro domingo 22 de febreiro unha nova andaina. A proba, organizada polo Club Trabandainas, forma parte da Liga Galega de Sendeirismo. Constará de dúas rutas, unha longa de 25 quilómetros e outra curta de 15, con punto de saída e chegada para as dúas no IES Campo de San Alberto. Prevese unha participación dunhas 800 persoas.

Boiro recupera a memoria de oito veciños vítimas do franquismo

Oito represaliados boirenses serán homenaxeados esta fin de semana no marco dunhas xornadas organizadas pola Comisión da Memoria Histórica en colaboración co concello de Boiro. Ademais de conferencias e coloquios, inauguraranse un memorial no cemiterio de Boisaca.

Medio Ambiente executará melloras na EDAR de Ribeira

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Ribeira buscarán solucións conxuntas para mellorar o funcionamento da depuradora. A alcaldesa mantivo un encontro coa responsable do departamento autonómico para avaliar tamén outros proxectos a executar no municipio como a rede de abastecemento en Cudieiros.

Ribeira inviste máis de 300 mil euros en obras de pavimentación e servizos

O concello de Ribeira adxudicou catro proxectos incluídos no POS que implicarán melloras viarias e de servizos en varios puntos do municipio. As obras, previstas no casco urbano de Ribeira e nas parroquias de Oleiros, Palmeira e Corrubedo, suman un investimento de máis de 300 mil euros.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete