LOUSAME> O BNG demanda un plan de aproveitamento da planta de Servia en Lousame, despois de que a Mancomunidade Serra do Barbanza se adherise a Sogama. Os nacionalistas opóñense ó peche das instalacións que suporía a perda de máis dun cento de empregos, maioritariamente femininos.
A través da súa deputada no Parlamento, Rosana Pérez, o BNG esixe á Xunta de Galicia que estableza un marco de negociación coa Mancomunidade Serra do Barbanza para poñer en marcha un plan conxunto de aproveitamento da planta de Servia en Lousame.
Os nacionalistas opóñense ó peche do complexo medioambiental, actualmente co vertedoiro colmatado, e apostan pola súa modernización para descentralizar a xestión de residuos e manter os postos de traballo.
Dende o BNG responsabilizan á Xunta de impoñer o modelo de Sogama como monopolio apostando polo peche dunha planta que suporía un sistema de xestión de residuos máis próximo, sostible e respectuoso co medio ambiente











