O PP de Noia contraataca con facturas de gastos en hostalería presentadas por PSOE...
O PP de Noia saíu ó paso das informacións que cuestionaban os gastos en hostalería realizados polos populares con cargo á asignación do grupo político. O seu voceiro presentou facturas similares presentadas polos grupos da Marea e do PSOE, ós que acusa de emprender unha campaña de difamación en contra do anterior executivo.
O conservatorio de Noia promove unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira
O conservatorio de Noia organiza unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira. Desenvolverase o 13 de decembro no Casino, a cargo do experimentado lutier Pablo Pascua.
Máis de 700 corredores participarán na XX Carreira Popular Mar de Boiro
Máis de 700 corredores tomarán parte este domingo na carreira popular Mar de Boiro Memorial Pepe Buceta. Nesta vixésima edición mantense o mesmo percorrido de anos anteriores con saída dende a rúa Principal ata Mañóns.
Barbanza Arousa pon en valor a calidade dos seus servizos turísticos
Barbanza Arousa celebrou onte pola noite en Rianxo a terceira edición da súa gala de turismo. Un acto que se celebrou no auditorio e que serviu ademais para proceder á entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, a aquelas empresas e servizos turísticos que recibiron por primeira vez ou renovaron este selo de calidade que outorga a Secretaría de Estado de Turismo.
O Museo do Mar de Noia reabrirá ó público cunha programación especial
O executivo noiés vén de anunciar a reapertura do Museo do Mar. Será este vindeiro venres, ás sete da tarde, nun acto aberto a toda a veciñanza. Dende o Concello indicaron que era unha das súas prioridades, destacando tamén a colaboración da Asociación Mar de Noia
A pequena Daniela Otero acenderá o Nadal de Boiro
Este venres terá lugar o acendido do alumeado de Nadal de Boiro. Será Daniela, unha pequena boirense afectada por unha enfermidade rara, a encargada de premer o botón que inunde de luz a vila nestas datas festivas.
O concello de Ribeira materializa a compra das parcelas pendentes para o futuro polígono
O concello de Ribeira segue a avanzar na tramitación do futuro polígono coa formalización da compra das dúas parcelas restantes, emprazadas no termo municipal da Pobra. O seguinte paso agora é seguir a buscar financiamento doutras administracións para darlle o pulo definitivo ó proxecto.
O concello de Outes recupera a concesión do náutico do Freixo
A Conselleira do Mar visitou esta mañá o edificio de Usos Náuticos do porto do Freixo en Outes. O concello vén de recuperar a concesión desta instalación e traballa xa na busca de financiamento para a súa posta a punto.
A Sin-Son 10K reunirá a máis de 2000 corredores na súa 14 edición
Esta mañá presentábase oficialmente en Porto do Son a 14 edición da Sin-Son 10K. A carreira, incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 21 de decembro. Na proba tomarán parte máis de dous mil atletas.
Sanidade habilitará novas dependencias do centro de saúde na Casa do Mar
A alcaldesa de Ribeira mantivo un encontro co Conselleiro de Sanidade para abordar as necesidades en materia de atención primaria. O titular autonómico comprometeuse a ampliar os espazos no actual centro de saúde á espera da construción do novo ambulatorio, que precisará de maior superficie ó albergar tamén as unidades de saúde mental e condutas aditivas.

















