Porto do Son conta con servizo de taxi adaptado grazas ás axudas autonómicas para este sector

PORTO DO SON> Belén do Campo aproveitou tamén a súa visita en Porto do Son para coñecer o investimento realizado por un taxista do municipio, beneficiario das axudas autonómicas para adaptar o seu vehículo para persoas con mobilidade reducida.

A este respecto, o alcalde de Porto do Son anunciou que o concello traballa nun proxecto para ofrecer un servizo de taxi ós veciños do rural que precisen desprazarse ó núcleo urbano a realizar xestións.

A previsión é que o servizo se preste varios días á semana en horario de mañá. O proxecto xa dispón de partida orzamentaria polo que dende o concello agardan que poida estar operativo nun prazo de dous meses.