A Ría da Estrela confirma en Fitur o seu posicionamento como destino náutico con dúas peregrinacións marítimas

MADRID> A Ría da Estrela afianza en Fitur o seu posicionamento coma destino da náutica recreativa. Aproveitou a súa presenza na Feira para presentar dúas novas peregrinacións marítimas. A sexta edición da Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría de Muros Noia, que este ano terá coma novidade unha con etapa previa en Oporto, e outra máis vinculada á modalidade histórica da Vía Querinissima.

A Ría da Estrela presentou en Fitur a súa oferta turística para 2026. Como acontecera xa nas últimas edicións a súa estratexia baséase en achegar o mar a Compostela, consolidando a opción do Camiño da Ría de Muros Noia como a única forma efectiva, comercializable e histórica de peregrinar ata Santiago por mar, rememorando as travesías que seguiron milleiros de peregrinos dende hai séculos. A entidade aproveitou a súa presenza en Madrid para dar a coñecer dúas novas rutas que se sumarán a súa oferta turística: a sexta edición da Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría de Muros Noia, que se verá ampliada tamén a Portugal, e a segunda ruta da Vía Queriníssima.

Precisamente na presentación en Fitur, Ria da Estrela, contou coa presenza de Roberto Ciambetti, presidente da Asociación Vía Querinissima, quen puxo en valor a importancia desta ruta.

Na presentación tomaron parte tamén representantes dos concellos que integran a Ría da Estrela e a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, así como por responsables do Real Club Náutico de Portosín e do Monterreal Club de Yates de Baiona como organizadores da VI Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría de Muros Noia.