‘Galicia Calidade’ reivindica a excelencia turística en Fitur

MADRID> Galicia presentou esta mañá en Fitur a súa proposta turística, este ano baixo o marchamo de ‘Galicia Calidade’. Na súa presentación oficial o titular do Goberno Autonómico, Alfonso Rueda, incidiu no enorme potencial da nosa comunidade, que ano tras ano se coma un destino atractivo e cada vez máis recoñecido. 

Nun acto conducido pola xornalista Particia Pardo, no que se contou tamén co director Óliver Laxe, de máxima actualidade trala súa dobre nominación ós Óscars, e a comunicadora Carolina Iglesias, Galicia presentou hoxe en Fitur a súa campaña turística ‘Galicia Calidade’, marchamo de excelencia, un lema recuperado, revitalizado e redifinido novamente como marca de país.

No acto Rueda animou a visitar Galicia e coñecer de primeira man tódalas súas execelencias , nun ano, ademais, que agarda sexa eespectacular en canto a número de turistas.

Galicia estivo hoxe ademais de noraboa, xa que o seu pavillón foi premiado como mellor stand de comunidades autónomas.