Boiro repite coa Bandeira Verde de Medio Ambiente

Boiro izou esta mañá en Praia Xardín a Bandeira Verde de Galicia. Un galardón que outorga a consellería de Medio Ambiente que premia a aqueles municipios da Comunidade que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. Ó acto, ademais do alcalde, José Ramón Romero, asistiu a propia conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

O Festival Festiritititi de Amicos terá lugar o mércores 3 de decembro en Boiro

Esta mañá presentábase en Boiro unha nova edición do Festival Festiritititi. A cita organizada por Amicos para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade terá lugar o vindeiro mércores 3 de decembro. Será unha gran festa pola inclusión coa participación de escolares dun total de dez centros educativos da comarca.

O concello da Pobra pide axuda á Xunta para a renovación da rede de...

O alcalde da Pobra solicita a colaboración da Xunta de Galicia para a mellora da rede municipal de abastecemento. O rexedor demanda ademais apoio autonóimico para arranxar o vertedoiro de Moldes.

A Asociación de Empresarios de Ribeira repartirá este Nadal 6000 euros en sorteos semanais

A Asociación de Empresarios de Ribeira porá en xogo este Nadal seis mil euros en premios. A campaña deste ano inclúe tamén unha colaboración con Cáritas e bonificacións para as entradas á pista de xeo así como o reparto de tickets de aparcamento para facilitar as compras dos clientes.

O concello de Ribeira renova a súa colaboración con 10 entidades sociais

O concello de Ribeira vén de renovar a súa colaboración coa entidades sociais do municipio. Esta mañá asinábanse os convenios cos representantes das dez organizacións beneficiarias, por un valor total de 34 mil euros.

Barbanza Arousa inicia o camiño cara a prestación conxunta de servizos básicos

A Mancomunidade Barbanza Arousa avanza na prestación conxunta de servizos máis aló do ámbito turístico. A entidade vén de aprobar no último pleno unha modificación estatutaria que abre a porta a mancomunar servizos públicos como a recollida do lixo ou a xestión de animais abandonados.

Barbanza Arousa e a asociación Alberto Romero renovan o seu convenio de colaboración

A Mancomunidade Barbanza Arousa renova a súa colaboración coa asociación Cultural Alberto Romero. As dúas entidades asinaron esta mañá o convenio para impulsar e difundir as actividades organizadas por este colectivo, entre as que destaca o seu certame de curtas que chega este ano a súa décima edición. Coma principal novidade é que este ano o certame ábrese tamén a outras zonas de Galicia.

A Pobra volve poñer en xogo 200 caramiñas diarias este Nadal

As caramiñas volven á Pobra por Nadal. O concello pon en marcha a campaña de dinamización na que sorteará 200 euros diarios. Para participar tan só é preciso compartir en redes sociais fotos nos recunchos do Nadal do municipio.

O pleno de Ribeira aproba a prórroga forzosa do contrato do SAF durante nove...

O pleno de Ribeira aprobou a pasada tarde a prórroga forzosa do contrato do SAF por un período de nove meses. O obxectivo é garantir a cobertura total do servizo ata que se resolva o procedemento para a nova licitación do servizo no que está inmerso o concello.

Escolares de Ribeira constrúen un muro contra a violencia de xénero

Tódolos concellos do Barbanza sumáronse á conmemoración do 25N con distintas actividades. En Ribeira, os alumnos de 1º da ESO construíron un muro contra a violencia mentres que en Boiro elaboraron pezas musicais pola igualdade.

REDES SOCIAIS

40,727FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete