Ribeira garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Adamuz

RIBEIRA> Os concellos do Barbanza sumáronse á convocatoria da FEGAMP cun minuto de silencio polo accidente ferroviario de Adamuz. En Ribeira, os membros da corporación municipal acompañados por numerosos traballadores do concello concentráronse a mediodía ás portas da casa consistorial.

Ás doce en punto, os membros da corporación ribeirense concentráronse ás portas do concello acompañados por numerosos traballadores para gardar un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente ferroviario acontecido na localidade cordobesa de Adamuz. Un sinistro que inevitablemente trae á memoria o accidente acontecido en 2013 en Angrois con mais de 80 vítimas mortais.

O acto rematou cun aplauso en memoria das vítimas e solidariedade coas familias así como o agradecemento ó traballo dos servizos médicos,  equipos de emerxencias e forzas de seguridade.