RIBEIRA> O concello de Ribeira presentou a súa oferta de cursos dixitais para o primeiro trimestre deste ano. Ós cursos programados na aula Cemit súmanse as actividades formativas que chegarán a tódalas parroquias do municipio.
A cidadanía de Ribeira disporá este primeiro trimestre do ano dunha ampla oferta formativa en competencias dixitais dende o nivel básico a medio/avanzado. Manexo de internet e aplicacións móbiles constitúen os principais eixos dos cursos que se impartirán no que resta deste mes ós que se suman tamén nocións sobre o paquete Office e un achegamento á Intelixencia Artificial. terán continuidade en marzo con versión nun nivel máis avanzado.
O mes de febreiro destinarase principalmente ós cursos preparatorios para a obtención do Certificado de Competencias Dixitais e a realización dos exames. Ademais das actividades programadas na aula Cemit, que está a un 90 por cento da súa ocupación, o programa chegará a todo o municipio con cursos de internet en tódalas parroquias.
Para obter máis información ou formalizar inscricións, os interesados poden contactar a través do teléfono 981 876 943 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal










