Noia disporá antes do verán dunha área para autocaravanas en San Lázaro

NOIA> Despois de barallar varias alternativas, o que conlevou tamén un retraso na súa tramitación, o executivo noiés xa ten decidido o emprazamento do novo aparcamento para autocaravanas.

O proxecto, actualmente en fase de licitación,  Instalarase finalmente na zona, de San Lázaro, a carón do paseo marítimo. O proxecto irá con cargo ó programa de turismo sostible en destino xestionado a través da ARD Ría da Estrela.

O aparcamento, que contará cunhas 15 prazas aproximadamente, virá a dar resposta a unha demanda existente que ata o de agora non se daba.

Dende o Concello confían en que a actuación poida estar rematada xa en abril, para entrar en servizo xa antes da temporada estival.