OUTES> Preto de 300 corredores daranse cita o domingo día 25 no Trail de Outes. Será a primeira proba do circuíto Trail Series que terá continuidade en Porto do Son o 22 de febreiro.
Deporte e natureza forman a combinación que ofrece o Trail de Outes que se disputará o domingo día 25. Haberá dúas carreiras de 21 e 15 quilómetros e unha andaina.
O deseño do percorrido, totalmente novo con respecto ó pasado ano, tivo en conta algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio non só no que se refire á beleza paisaxística senón á súa importancia patrimonial.
A proba de Outes abre o circuíto Trail Series que tera continuidade o 22 de febreiro co Portosín Trail.
Os interesados en participar xa poden formalizar a súa inscrición a través da web trailseries.run ou galitiming.com.











