Noia mellora a eficiencia enerxética do pavillón Alonso Rodríguez coa instalación de placas fotovoltaicas
O concello de Noia realizou unha serie de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética no pavillón Alonso Rodríguez. Ademais da instalación de placas fotovoltaicas, procedeuse á reposición de varias luminarias na pista exterior.
Tres xornadas de concertos integran a Semana Musical de Noia
Noia celebrará a súa Semana Musical con diversos concertos na igrexa de San Mariño. Ademais das actuacións a cargo dos alumnos do conservatorio e de varias corais polifónicas, os dúas Naan e Xesta pecharán a programación.
Serra do Barbanza aproba o seu presuposto e avanza cara a regularización da Mancomunidade
A Mancomunidade Serra do Barbanza segue a dar os pasos para normalizar a súa situación. Trala aprobación dun presuposto e do plan de pagos a FCC, segue a traballar na licitación do novo servizo de recollida. Tamén contará con persoal de xestión da entidade e dará a benvida a novos socios.
As corais de Ribeira ofrecerán un ciclo de concertos na honra de Santa Icía
O concello de Ribeira volverá celebrar a festividade de Santa Icía cun ciclo de concertos. Terán lugar o venres e o sábado coa participación das corais municipais e do Círculo Mercantil. As actuación desenvolveranse na igrexa de Santa Uxía
A Pobra convoca un concurso de decoración de Nadal dirixido a comercios e hostalería
O concello da Pobra convoca un concurso de decoración de Nadal dirixido ó comercio e á hostalería. O obxectivo é implicar ó tecido económico na creación dun ambiente festivo en toda vila. Establécense dous premios en cada categoría.
O BNG esíxelle á Xunta a cobertura médica nos centros de saúde de Aguiño...
O BNG da Ribeira mostra tamén o seu apoio á veciñanza e ó persoal sanitario dos centros de saúde da Ribeira e Aguiño, que veñen denunciando dende hai varios meses a falla de profesionais médicos e a sobrecarga asistencial. Dende a formación nacionalista esixen á Xunta que cubra tódalas baixas e vacantes de profesionais sanitarios que se produzan nos centros de saúde da localidade, ó entender que a atención primaria debe ser o primeiro chanzo do sistema sanitario, polo que ten que estar dotada dos medios humanos e materiais necesarios para ofrecer unha atención de calidade.
Aguiño retoma as concentracións pola sanidade trala baixa dun dos seus médicos
Os veciños de Aguiño retomaron hoxe as mobilizacións pola sanidade pública. A baixa dunha das profesionais do servizo fixo que os pacientes teñan que afrontar demoras de ata un mes para ser atendidos por un médico.
Os retos de futuro do sector agroalimentario, a debate no Lab Barbanza
O Lab Barbanza acolleu a xornada Agro 360 sobre o sector agroalimentario galego. Destacados expertos e profesionais analizaron cuestións que afectan a un dos principais sectores produtivos de toda Galicia como os novos marcos legais ou a necesidade de adaptación ó cambio climático.
Boiro pon en marcha unha campaña de control de mascotas
O concello de Boiro desenvolver ó longo da segunda quincena de novembro unha campaña especial de control de mascotas. Esta iniciativa, de carácter informativo, incidirá na necesidade de levar ós animais con correa e identificados con microchip así como na obriga de recoller os seus excrementos.
Preocupación no sector bateeiro polo peche do 80% dos polígonos das rías galegas
Preocupación polo avance imparable da toxina en todas as Rías Baixas. Nestes momentos as rías de Pontevedra e Muros-Noia atópanse totalmente clausuradas, así como boa parte da de Arousa. En concreto, están pechados 41 dos 52 polígonos das rías.

















