BOIRO> Éxito rotundo da campaña MercaNaVila da Deputación da Coruña cun total de 16 millóns de euros en vendas. A deputada provincial de Comercio, Rosa Ana García fixo balance desta primeira edición que, de seguro, terá continuidade nun futuro.
Os bos resultados da campaña comercial MercaNaVila promovida pola Deputación da Coruña xa fan pensar nunha segunda edición deste programa que deixou unha potente pegada económica nos concellos de menos de 20 mil habitantes. Algúns dos máis beneficiados foron Noia ou Boiro, ata onde se desprazou esta mañá a deputada provincial de comercio para facer balance das vendas.
Os propios comerciantes destacaron as vantaxes desta iniciativa que non só dinamizou as vendas senón que contribúe tamén a manter vivo o comercio local como un dos principais motores económicos e xeradores de emprego na vila. A propietaria de Cenor Electrodomésticos Otero, o comercio de Boiro que rexistrou máis vendas no marco deste programa, xa está agardando a súa reedición.











