RIBEIRA> Os ribeirenses gozarán este ano dunha proposta para celebrar a entrada no 2026. As concellerías de Cultura, Festexos e Xuventude promoven unha festa de Noitevella con animación musical e cotillón.
Os ribeirenses poderán dar a benvida ó 2026 por todo o alto coa festa de Fin de Ano organizada polo concello. Dará comezo á unha da madrugada nunha carpa instalada na praza de Pontevedra. A animación musical correrá a cargo de Plante Discomóbil.
As tres concellerías que colaboran no evento, Cultura, Festexos e Mocidade, buscan ofrecer unha proposta de lecer para tódalas idades evitando que os veciños teñan que desprazarse e poidan festexar o fin de ano no municipio.











