Lousame impulsará a natalidade con axudas económicas e servizos de apoio e conciliación

LOUSAME> O concello de Lousame impulsa o seu primeiro plan de fomento da natalidade. As familias con fillos nacidos a partir do 1 de xaneiro percibirán unha axuda económica de 900 euros. Así mesmo, contarán con servizos de conciliación e de asesoramento adaptados a cada unidade familiar.

Cunha media de apenas 15 nacementos por ano, o concello de Lousame busca implementar medidas para reverter esta tendencia e favorecer o incremento de poboación no rural. Así, no marco do seu primeiro plan de fomento da natalidade, o concello concederá unha axuda económica directa ás familias con nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2026. Será de 900 euros, divididos en tres anualidades, nas que tanto o neno como alomenos un dos seus pais deberán estar empadroados en Lousame.

O apoio económico virá acompañado doutros servizos de acompañamento durante os primeiros meses de vida dos nenos, proporcionado por unha asesora de lactancia.

Para favorecer a conciliación, o concello aumentará tamén nun 33 por cento a achega anual á ANPA do Cernadas de Castro e seguirá apostando polos servizos que xa están en marcha como o Punto de Atención á Infancia ou o Lousame Concilia. Durante o verán, o concello ofrece tamén a posibilidade de conciliar cos campamentos e o , o programa Leisure Activities.