Os pobrenses seguen a reclamar un PAC de tarde

A POBRA> Aínda que menos concorrida que en anteriores ocasións, a concentración pola sanidade pública volveu reunir este mediodía a ducias de pobrenses dainte do seu centro de saúde. demandan un Punto de Atención Continuada de tarde e a redución das listas de agarda para segundas consultas con especialistas.

Desafiando ó frío e ó parón navideño, ducias de persoas volveron concentrarse este mediodía ás portas do centro de saúde da Pobra para demandar unha atención primaria de calidade. esixen a recuperación da quenda de tarde do PAC posto que na actualidade teñen que desprazarse a outros concellos como Ribeira no caso de precisar atención médica urxente. Ademais da precariedade na primaria, denuncian o incremento das listas de espera para especialistas, no que se refire a segundas consultas.

Dende a Plataforma fan un chamamento á veciñanza para sumarse á concentración convocada en Santiago para o 16 de xaneiro. Haberá autobuses gratis dende os concellos do Barbanza