Amicos e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración
Amicos e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración que se prolonga dende hai máis de dez anos. Con este acordo as dúas entidades amplían o seu compromiso de facilitar a integración das persoas con discapacidade na sociedade, tanto a nivel vital coma laboral.
Noia avanza no Plan de Mobilidade coa peonalización do primeiro treito da Corredoira
O concello de Noia avanza na elaboración do seu Plan Integral de Mobilidade coa a peonalización do primeiro treito da Corredoira como primeiro paso. O resto da vía reabrirase ó tráfico, limitado a 20 quilómetros por hora e de oito da mañá ás dez da noite, dando prioridade ó tránsito peonil.
As obras do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño poderían estar rematadas en marzo
O concello de Ribeira agarda que a nova nave do club de remo de Aguiño estea rematada en marzo. Dende o executivo mantiveron xa varias reunións coa empresa para axilizar os traballos que permitan rematar ó longo do mes de novembro a estrutura exterior.
Nenos e maiores vivirán en Ribeira un Samaín de medo
Ribeira quenta motores para celebrar o Samaín por todo o alto. O concello e a asociación Alfaia deseñaron un completo e terrorífico programa dirixido especialmente ós máis pequenos da casa.
O monte en Rianxo ten futuro
Achegámonos a Rianxo para coñecer o traballo que realiza dende hai varios anos a Plataforma pola Defensa do Monte, que integra a un total de sete comunidades de montes do municipio. O obxectivo que buscan é avanzar cara unha xestión sostible do territorio, baseada na cooperación, a recuperación dos ecosistemas e o aproveitamento dos recursos locais de forma sostible. En definitiva, poñer en valor o rural ó tempo que se coida o medioambiente e se revaloriza o monte
Os pobrenses seguen a demandar máis médicos e un servizo de urxencias de tarde
Continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública. Este mediodía, a concentración tiña lugar no centro de saúde onde ducias de persoas esixiron a cobertura de tódalas prazas de médico e a recuperación do servizo de urxencias en horario de tarde.
Satisfacción en Rianxo ante o gran pulo industrial que suporá a nova planta de...
A nova factoría de Stolt Sea Farm en Rianxo estará operativa en 2028. A firma investirá no proxecto máis de 40 millóns de euros e creará preto de 200 empregos directos.
O Plan Integrado de Emprego do Barbanza explora novos contidos baseados na demanda...
Arranca unha nova edición do Programa Integrado de Emprego do Barbanza. Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra volven colaborar na terceira edición deste plan que facilitará o acceso ó mercado laboral a un cento de persoas desempregadas.
Boiro avanza na recollida selectiva cunha campaña informativa sobre a quinta fracción
O concello de Boiro segue a avanzar na implantación da recollida selectiva de lixo cunha campaña de concienciación. Darán a coñecer o funcionamento do novo contedor da fracción resto que comezará a implantarse no municipio a partir do mes de novembro.
Rueda preside en Rianxo a colocación da primeira pedra da factoría de Stolt Sea...
O presidente da Xunta asistiu esta mañá en Rianxo ó acto simbólico de colocación da primeira pedra na nova planta de Stolt Sea Farm, no polígono de Té. Alí reivindicou o liderado da nosa comunidade no sector da acuicultura, apostando ademais por atraer novos investimentos a Galicia.


















