A gardería da Tomada amplia a súa capacidade ata as 80 prazas

POBRA> Acompañada do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, o alcalde, José Carlos Vidal, e a Directora da Entidade de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, Isabel Cañas, a conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración das obras de ampliación da escola infantil do parque empresarial pobrense.

A actuación realizada permitiu crear dúas novas aulas que permitirán ampliar o servizo en 40 prazas máis e atender así a preto de 80 cativos non só da localidade, senón de toda a comarca.

Durante a súa intervención, Fabiola García destacou o investimento da Xunta que destinou a este fin uns 240 mil euros, froito do compromiso do Goberno Galego de apoio á conciliación.