Os numerosos achados no Castro da Croa amosan a importancia defensiva do xacemento

A POBRA> A escavación desenvolvida a pasada semana no Castro da Croa revelou importantes datos sobre este xacemento. Os vestixios achados indican que estivo longamente ocupado e contou cunha extensa actividade.

O resultado da intervención no Castro da Croa permitiu confirmar as hipóteses do equipo investigador sobre a extensa actividade prolongada no tempo que se deu no xacemento.

Na escavación, organizada polo concello en colaboración coa comunidade de Montes de Posmarcos, acháronse abundantes vestixios cerámicos de orixe romana e mesmo fenicio-púnica así restos dunha casa con forma circular de grandes dimensións. Os labores permitiron tamén confirmar a existencia dunha muralla de pedra de dous metros de ancho que reforza a potencia deste xacemento en termos defensivos.

O alcalde destacou o prolífica que resultou a escavacións a pesar das difíciles condicións en que se levou a cabo posto que as chuvias dificultaron o traballo. Isto dá idea da importancia do castro e da abundancia dos restos aínda por descubrir polo que a intención do concello é acometer unha segunda intervención para o vindeiro ano.

Esta primeira actuación contou cunha achega da Dirección Xeral de Patrimonio de 18 mil euros.