Boiro dispón xa de vivenda de emerxencia social

BOIRO> O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá a vivenda social que o Concello vén de rehabilitar na zona de Praia Xardín, na antiga vivenda dos mestres.

A actuación supuxo un investimento total de preto dos 100 mil euros, dos que unha parte se financiaron a través do POS de servizos sociais extraordinarios da institución provincial.

O alcalde referiuse ó esforzo realizado polo Concello para poder dispoñer desta vivenda, despois de acadar a súa desafectación, que virá a dar resposta a aqueles casos de emerxencia social.

O departamento de Servizos Sociais traballa agora na redacción dun regulamento de usos, que posteriormente será levado a pleno para a súa aprobación.

Un trámite que dende o Concello agardan poida estar rematado no primeiro trimestre do ano, para poñela xa en funcionamento.