Noia Histórica sorteará este Nadal 5 reloxos intelixentes e un premio de 800 euros

NOIA> Preto de 60 establecementos participará na campaña de Nadal de Noia Histórica. Ademais do sorteo de cinco reloxos intelixentes, a asociación de empresarios colaborará co concello no sorteo do décimo que repartirá preto de tres mil euros en vales de compra.

Preto de 60 establecementos participará na campaña de Nadal de Noia Histórica. Ademais do sorteo de cinco reloxos intelixentes, a asociación de empresarios colaborará co concello no sorteo do décimo que repartirá preto de tres mil euros en vales de compra.

Dinamizar o comercio e a hostalería durante estas datas festivas é un dos obxectivos principais de Noia Histórica que volverá poñer en marcha unha ambiciosa campaña de Nadal. Os clientes que realizan as súas compras en calquera dos preto de 60 establecementos participantes entrarán no sorteo de 5 reloxos intelixentes.

A asociación empresarial colaborará tamén co concello de Noia co primeiro premio do sorteo do décimo que se celebrará na praza do Tapal.

Así mesmo, Noia Histórica volverá poñer en marcha o tren infantil de Nadal entre os días 20 e 24 de decemnro para dinamizar as rúas da vila xunto coas numerosas actividades de animación que programou o concello.