A Xunta inviste 20 mil euros na eliminación das filtracións no centro de día...
A Xunta de Galicia, a través do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar, está a realizar diversas obras de mellora no centro de día de Outes. As actuacións, cun orzamento de preto dos 20 mil euros, teñen coma principal finalidade poñer fin ós problemas de filtracións que dende hai anos padece o edificio, con accións tanto na terraza coma na fachada posterior.
O Club Natural Sport e o concello de Ribeira asinan un convenio para equipar...
O concello de Ribeira e o Club Natutral Sport asinaron un convenio para dotar de equipamento ó módulo de deportes de contacto da Fieteira. A entidade deportiva asumirá o 70 por cento do investimento mentres que o concello achegará 36 mil euros para financiar parte do material.
Ribeira non esquece ás vítimas da COVID
A Asociación das Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ás vítimas da Covid-19. Será este sábado ás seis e media na Praza de España cun acto sinxelo no que se realizará unha ofrenda ante o monumento na súa lembranza e un minuto de silencio.
O novo goberno de Ribeira saca adiante a súa proposta de organización
A corporación ribeirense celebrou onte pola noite o seu pleno de organización. O grupo de goberno, formado polos 10 edís do PP e os 3 do PBBI, en maioría, logrou sacar adiante a súa proposta de novo goberno que inclúe un total de cinco dedicacións exclusivas e dúas parciais. O novo executivo defendeu a súa proposta, que suporá un aforro dun 13% menos con respecto ó anterior goberno.
A V Andaina Solidaria de Jealsa logra recadar máis de 6000 euros para a...
A quinta andaina solidaria de Jealsa logrou superar os seis mil euros de recadación. Esta mañá tiña lugar no concello de Boiro o acto simbólico de entrega do cheque á Fundación Stop Leucemia. Os fondos irán destinados ó Grupo de investigación en Hematoloxía Computacional e Xenómica do Hospital Clínico de Santiago.
O traspaso da UCA de Ribeira ó Sergas farase efectivo o 1 de xaneiro
O executivo ribeirense segue a dar pasos, esta vez a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, de cara ó traspaso ó Sergas da xestión da Unidade de Condutas Aditivas. Dende o Concello aluden a que o cambio do modelo de xerencia, que se fará efectivo o 1 de xaneiro, será beneficioso para todos.
O PSOE de Rianxo insta a Augas de Galicia a asumir a xestión da...
O PSOE de Rianxo insta a Augas de Galicia a asumir a xestión integral da EDAR e do tanque de tormentas. No seu defecto, apostan por activar a licitación do servizo que custa máis de 25 mil euros ó mes ás arcas municipais.
O concello de Noia habilitará crédito para o pago das facturas sen consignar
O executivo de Noia levará a pleno a habilitación de crédito para o pago das facturas pendentes. Con fondos propios e unha axuda da Deputación para gasto corrente asumirán o pago do 77 por cento da débeda cos provedores que ascende a máis dun millón de euros.
O Barbanza contará cunha ambulancia medicalizada e un hospital de día oncohematolóxico
O Hospital do Barbanza contará a partir do ano que vén cunha ambulancia medicalizada. A Consellería de Sanidade destinará unha partida de 460 mil euros para poñer en marcha este servizo. O Conselleiro de Sanidade anunciou tamén a creación dun hospital de día oncohematolóxico que podería estar operativo en 2027.
O BNG noiés aplaude a renovación do bombeo de Abruñeiras
O BNG noiés mostrou tamén a súa satisfacción tralo anuncio do Concello de levar a cabo a renovación do bombeo de Abruñeiras, na contorna de Barro. A actuación, cun custe duns 40 mil euros, que será financiada a través do POS Adicional da Deputación da Coruña, virá a dar solución a un problema medioambiental grave, que levaba máis de dez anos sen funcionamento.

















