O executivo boirense aclara a suba nos recibos da auga

BOIRO> O tenente de alcalde, Luís Ruíz, saíu ó paso das queixas de numerosos veciños e tamén dos grupos da oposición pola suba dos seus recibos da auga correspondente ó terceiro trimestre deste ano. Ruíz sinalou que son un dos concellos co recibo máis baixos da comarca e achacou este incremento ós cambios realizados no departamento municipal de augas e ás ferramentas que se empregan para a xestión dos cobros e á  realización das lecturas, o que provocou que no último trimestre de 2024 e primeiro do 2025 as lecturas fosen estimadas.

Dende o Concello piden desculpas a tódolos veciños afectados, aínda que tras as comprobacións realizadas, se constatou que as medicións están correctas e que os consumos facturados son reais.

Ruíz quixo contestar tamén ós grupos da oposición, que acusaban ó executivo de deixadez, polo mal estado do servizo municipal de augas, algo que negou taxativamente.