RIBEIRA> O Nadal chegará a Ribeira cargado de cultura. A oferta de actividades para estas datas inclúe propostas para tódolos públicos, con especial presenza dos máis pequenos.
Esta fin de semana arrancará oficialmente a programación de Nadal de Ribeira da man do tecido asociativo. O sábado ás sete e media terá lugar a Gala Solidaria de Cáritas e o domingo o festival de Tahume. Ademais dos numertosos festivais das asociacións, o auditorio acollerá durante todo o Nadla varias espectáculos para os cativos, dende contacontos e monólogos ata teatro e maxia.
Cmo en anos anteriores, a praza da Porta do Sol acollerá o recuncho de Nadal e o expreso de oriente percorrerá o centro da vila os días 24, 27 e 31 de decembro. Os non tan nenos terá tamén propostas de lecer nestas datas como os concertos das Rñuas Musicais, os días 24 e 31 e a festa de Noitevella.
O día 5, unha xornada cargada de maxia pechará as celebracións cos visita dos Reis Magos ás parroquias, a tradicional cabalgata e o belén vivinte.











