Arranca a descarga de bonos da campaña ‘MercaNavila’ da Deputación

Esta mañá arrancaba a campaña de dinamización comercial ‘MercaNavila’ da Deputación da Coruña. O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, visitaba en Noia varios comercios que se sumaron á iniciativa para coñecer as súas impresións e animar ós consumidores a descargar os bonos e mercar no comercio local.

Volta á normalidade no CEIP Grupo trala incorporación da titora de 3ºB

Os alumnos de 3ºB do CEIP O Grupo de Ribeira comezaron a semana cun novo titor. A incorporación deste mestre foi posible grazas á presión da comunidade educativa que secundou as mobilizacións da ANPA para contar cun docente a tempo completo nesta unidade.

A Xunta e o concello de Ribeira estudan alternativas para emprazar a futura residencia

O concello de Ribeira presentou 5 propostas alternativas para o emprazamento da futura residencia. A Consellería de Política Social reservará unha partida dun millón de euros nos próximos orzamentos para iniciar o procedemento que permita dotar ó municipio dun servizo tan necesario.

O Xantar do Maior da Pobra reúne a máis de 750 persoas no pavillón...

Os maiores da Pobra viviron hoxe unha das citas máis agardadas no municipio. O Xantar de Confraternidade reuniu no pavillón de Venecia a máis de 750 persoas. Degustaron un menú servido por Chicolino e gozaron das actuacións musicais do grupo Trécola e Mar Davila Music.

Os edís do PBBI denuncian pintadas ameazantes ás portas dos seus domicilios

O clima de tensión política en Ribeira segue en escalada. Os concelleiros do PBBI denuncian ameazas que transcenderon o ámbito público, mesmo con pintadas ás portas do seu domicilio. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía Nacional, onde os tres edís presentaron unha denuncia conxunta.

Teatro, música e danza compoñen o ‘Outono Cultural’ da Pobra

A Pobra encara un outono cheo de cultura. As artes escénicas levarán o peso principal da programación deseñada para os meses de outubro, novembro e decembro, na que destacan o teatro, a música e a danza.

O novo goberno de Ribeira fai público o reparto de áreas entre os seus...

María Sampedro asumirá as áreas de Urbanismo, Contratación, Seguridade Cidadá e Mobilidade, Persoal e UCA. Esta última durante pouco tempo posto que a xestión da Unidade de Condutas Aditivas están en proceso de traspaso ó SERGAS.

A mostra ‘Golfiños na Proa’ da CEMMA recala en Boiro

A casa consistorial de Boiro acolle dende hoxe e ata o vindeiro 4 de novembro a exposición ‘Golfiños na proa’, coa que se pretende divulgar a enorme riqueza de cetáceos que hai na costa galega. A mostra, pertencente á CEMMA, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, conta co apoio da Deputación da Coruña.

O PSOE insta a Educación a dotar de máis especialistas ós centros educativos de...

O PSOE trasladou as necesidades educativas dos colexios de Rianxo ó Parlamento. Os socialistas demandan a incorporación de mestres especialistas así como persoal docente suficiente para garantir os desdobres que establecen as ratios nos tres centros de educación infantil e primaria do municipio.

O SERGAS presentará un plan para atender as necesidades de persoal en centros de...

A situación do centro de saúde de Ribeira foi tema de debate no Parlamento Galego. O Conselleiro de Sanidade comprometeuse a presentar antes de fin de ano un pla de reordenación de atención primaria para reforzar a cobertura en varios centros de saúde.

REDES SOCIAIS

40,730FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete