NOIA> O executivo noiés vén de anunciar a reapertura do Museo do Mar. Será este vindeiro venres, ás sete da tarde, nun acto aberto a toda a veciñanza. Dende o Concello indicaron que era unha das súas prioridades, destacando tamén a colaboración da Asociación Mar de Noia.
Este venres, ás sete da tarde, terá lugar a reapertura das instalacións do Museo do Mar. Segundo informaron dende o Concello esta era unha das súas prioridades nada máis acceder á alcaldía.
Dende o Concello agradeceron tamén o papel da asociación Mar de Noia, que coa súa colaboración permitiu poder reabrir este espazo. Xa de cara á vindeira semana, o museo abrirá as súas portas os días 11, 12 e 13 dirixido a escolares, continuando xa no nadal cunha programación especial.
A partir de xaneiro, o centro abrirá dous días á semana. A intención do Concello pasa por poder recuperar tamén as visitas guiadas de grupos ó espazo, para o que abrirán unha canle de comunicación para poder solicitalas a través da web municipal.











