A POBRA> Xa está á venda o calendario solidario de AMBAR. Un ano máis reproduce as portadas de series de ficcións españolas e galegas cuns actores de excepción. O resultado das fotografías, tomadas por Pichero, foi presentado esta mañá no Teatro Elma da Pobra.
Os usuarios de AMBAR volveron poñerse baixo as ordes do recoñecido fotógrafo Pichero para dar o mellor de si no calendario solidario. Este clásico do Nadal, que xa vai pola súa undécima edición, constitúe un dos eventos máis agardados do ano pola entidade. E non só polo resultado final, que tamén, senón polo proceso de rodaxe.
A temática volve xirar sobre as series de ficción, reproducindo fielmente as portadas de varios títulos ben coñecidos.
Os interesados en reservar o seu calendario xa poden facer tanto a través da web de AMBAR como na sede da entidade. Editáronse tanto en formato de parede, a sete euros, como de mesa por tan só tres e medio.











