O PSOE de Rianxo denuncia os recortes de liñas de transporte previstos pola Xunta...
O PSOE de Rianxo levará ó Parlamento o recorte das liñas de transporte público no municipio. Os socialistas denuncian que algunhas parroquias verán reducidas as frecuencias non só co resto do concello senón con Santiago.
Mariola Sampedro: ‘A nosa prioridade serán as persoas’
A nova alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, recibiu a Canal Rías Baixas no seu despacho apenas uns días despois da súa toma de posesión. Fixo un oco na súa apertada axenda, para conversar con nós e contarnos como están a ser estes primeiros días á fronte do consistorio. Asegurou que o centro das súas políticas para o que resta de mandato serán os veciños.
Marcos Rodríguez: ‘Somos os primeiros en realizar unha operación antidroga tan importante’
Non é habitual, nin moito menos, a participación da policía local en operacións a tan gran escala. De aí, o extraordinario do papel dos axentes pobrenses que lograron interceptar a droga así como a detención de tres dos implicados, na que foi clave a colaboración cidadá.
Recoñecemento público á Policía Local da Pobra pola súa decisiva intervención na operación Saona
A Policía Local da Pobra recibía este mediodía un merecido recoñecemento polo seu labor na operación Saona contra o narcotráfico. A súa intervención foi decisiva para interceptar o alixo de 3’6 toneladas de cocaína así como na detención dos tres tripulantes do narcosubmarino que transportou a droga.
Moito teatro e algunha sorpresa nas XXVII Xornadas Valle-Inclán da Pobra
Este sábado arrancarán na Pobra as Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán. Durante un mes desenvolveranse todo tipo de actividades culturais para poñer en valor a figura deste escritor universal. O teatro cobrará especial peso nesta 27ª edición das xornadas organizadas polo Museo da Pobra e o Museo que leva o nome do autor.
A ARE fará latexar o comercio de Rianxo como corazón da vila
A Asociación Rianxeira de Empresarios pon en marcha a campaña de dinamización comercial. ‘Rianxo Latexa’. Desenvolverase ó longo desta semana cun amplo programa de actividades encamiñadas a incentivar as compras no comercio local. Os participantes entrarán no sorteo de tres vales de compra de 500 euros cada un.
A Gladiator Race chega a Rianxo
Gladiator Kids chega tamén a Rianxo. A proba, presentada esta mañá no Concello, terá lugar este vindeiro sábado 18, a partir das catro e media da tarde na praza Castelao. Será unha carreira de obstáculos para nenos de 3 a 12 anos, sen un fin competitivo. Todo o recadado a través das inscricións será destinado a Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
A PDRA denuncia vertidos contaminantes na Pobra e esixe á Xunta medidas contundentes
A Plataforma en defensa da Ría de Arousa denuncia, xunto con outros 23 colectivos do mar, a existencia de vertidos recorrentes na Pobra. Esixen á Xunta de Galicia a adopción de medidas preventivas para evitar estas prácticas así como sancións máis duras para disuadir ós infractores.
A Pobra convoca o IX Concurso Fotográfico sobre Micoloxía
O concello da Pobra convoca a novena edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía. O prazo para participar estará aberto ata o día 2 de novembro. Os aspirantes poderán presentar un máximo de dúas instantáneas.
Mariola Sampedro fai historia e convértese na primeira alcaldesa de Ribeira
E como estaba previsto, na votación non houbo sorpresas. A candidata do PP, Mariola Sampedro, obtivo o respaldo de 13 dos 21 concelleiros que integran a corporación municipal. Tras recibir o bastón de mando do anterior alcalde, Mariola Sampedro, foi proclamada alcaldesa.

















