RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a avanzar na tramitación do futuro polígono coa formalización da compra das dúas parcelas restantes, emprazadas no termo municipal da Pobra. O seguinte paso agora é seguir a buscar financiamento doutras administracións para darlle o pulo definitivo ó proxecto.
A ampliación de chan industrial do municipio é unha das prioridades do novo goberno que cumpriu co seu compromiso de finalizar o proceso de compra de terreos coa adquisición das dúas parcelas pendentes que pertencían xa ó termo municipal da Pobra.
Unha vez comprados e rexistrados os terreos, o concello traballará na busca activa de vías de financiamento que permitan desenvolver o proxecto do novo polígono, dando resposta á crecente demanda do tecido empresarial do municipio.











