Noia adxudica o contrato da iluminación para as festas

NOIA> O executivo noiés procedeu nos últimos días á adxudicación do contrato da iluminación ornamental para as festas do Nadal, o San Marcos e o San Bartolomeu para os vindeiros dous anos por un importe aproximado duns 120 mil euros.

Segundo informaron fontes municipais a medida permitirá mellorar o servizo que se prestaba ata o de agora, ademais de reducir os custes.

Dende o goberno local indicaron que con esta licitación porase fin a unha década de contratacións irregulares, nas que se abusaba en demasía do contrato menor que non superaba os quince mil euros.