Prospera a moción de censura contra Luís Pérez Barral
Relevo na alcaldía de Ribeira. A popular María Sampedro foi elixida alcaldesa tras prosperar a moción de censura contra Luís Pérez Barral, nun pleno cargado de tensión onde foron constantes as interrupcións por parte de numeroso público asistente.
Miles de persoas forman unha cadea humana en defensa da sanidade pública
Obxectivo case cumprido. A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza conseguiu implicar á cidadanía na cadea humana formada este sábado entre o centro de saúde de Ribeira e o hospital comarcal. Preto de 5000 persoas participaron nesta reivindicación que estivo a piques de completar o percorrido.
A Creba conmemora en Noia o Día Mundial da Saúde Mental
A Asociación A Creba conmemorou en Noia o Día Mundial da Saúde Mental. Fíxoo cun acto reivindicativo ás portas da casa consistorial no que varios usuarios da entidade deron lectura a un manifesto. Sumáronse tamén á actividade, alumnos dos centros educativos de secundaria do municipio.
Ribeira formaliza o acordo que permitirá a compra da antiga nave de Cerqueira
Ribeira formalizou esta mañá o acordo para a compra da antiga fábrica de Conservas Cerqueira, emprazada no barrio de Bandourrío. Péchase así o expediente para a adquisición deste edificio, patrimonio industrial, para que pase a engrosar o erario municipal.
Os pobrenses saen á rúa para denunciar a falla de médicos
Éxito de participación na primeira mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza na Pobra. Máis dun centro de persoas concentráronse ás portas do centro de saúde para esixir a cobertura das prazas de médico, que actualmente se atopan ó 50 por cento.
Máis de 3300 sinaturas avalan as reivindicacións da ANPA do Grupo
Representantes da ANPA de Ribeira entregaban esta mañá no concello as máis de 3000 sinatura recollidas para instar á Consellería de Educación a que atenda as súas demandas. A principal é a incorporación dun titor para terceiro aínda que insisten tamén na necesidade de acometer obras no centro.
Ribeira arroupa ó seu alcalde a tres días da moción de censura
O auditorio de Ribeira quedou pequeno para acoller ós centos de persoas que participaron no acto de apoio a Luís Pérez Barral. O alcalde amosouse moi emocionado ante a resposta cidadá trala presentación da moción de censura que lle arrebatará a alcaldía o próximo luns.
Tania Redondo abandona o PBBI e confirma as presións do seu grupo para apoiar...
Tania Redondo presentou este mediodía a súa renuncia como concelleira do PBBI pasando ó grupo de non adscritos. Tomou esta decisión por coherencia trala presentación dunha moción de censura, di, planeada ás súas costas.
A Deputación e o concello de Rianxo avanzan na tramitación da futura residencia
RIANXO> A Deputación da Coruña e o concello de Rianxo avanzan no proxecto da nova residencia que se emprazará en Rianxiño. O presidente provincial...
O Plan Integrado de Emprego de Ribeira pecha cun índice de inserción próximo ó...
O Plan Integrado de Emprego de Ribeira chegou á súa fin co acto de clausura celebrado esta mañá no auditorio municipal. O programa, no que participaron un cento de persoas desempregadas dos concellos do Barbanza e Porto do Son, pechou cun índice de inserción laboral próximo ó 50 por cento.


















