RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira porá en xogo este Nadal seis mil euros en premios. A campaña deste ano inclúe tamén unha colaboración con Cáritas e bonificacións para as entradas á pista de xeo así como o reparto de tickets de aparcamento para facilitar as compras dos clientes.
Ribeira estreará o Nadal co acendido do alumeado e o arranque dunha campaña comercial que pretende favorecer as compras no comercio de proximidade. A principal novidade deste edición, que repartirá 6000 euros en premios, será que os sorteos serán semanais repartindo 1000 euros por cada semana de decembro e 2000 na de Reis.
Como en anos anteriores, a asociación de empresarios seguirá a colaborar con Cáritas, cunha achega semanal de 100 euros para mercar no comercio local, e volverán repartirse tickets de aparcamento entre os clientes para facilitar as compras.
O feito de que os premios se entreguen de xeito semanal permitirá un maior beneficio para o comercio local posto que os vales de compra volveranse investir nos máis de 70 establecementos participantes.











