NOIA> Acompañado do secretario do pósito, Adelo Freire, a bordo dunha embarcación, o recoñecido chef pontevedrés achegouse esta mañá a Testal para participar nas Xornadas de Exaltación do Berberecho organizadas pola Confraría de Pescadores e o Concello para promocionar este produto tan característico da ría de Muros e Noia.
A actividade ía celebrarse hai varias semanas, pero tivo que suspenderse debido ó peche cautelar dos bancos marisqueiros pola presenza de toxina.
O afamado cociñeiro ofreceu xa pola tarde, na praza de abastos, unha demostración gastronómica, onde o berberecho foi o gran protagonista.
As xornadas está previsto que teñan a súa continuidade a vindeira fin de semana, do 5 ó 7 de decembro, cunha ruta de tapas por diferentes establecementos hostaleiros da vila, que ofrecerán ós seus clientes creacións culinarias elaboradas a base de berberecho.
Pesa fin de semana haberá tamén unha gran degustación popular na Alameda na que se servirán racións de empanada, de millo e de trigo, arroz con berberecho e bebida.
O recadado, mediante un donativo solidario, irá a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella.











