A Pobra activará locais baleiros para apoiar ó emprendemento

POBRA> A través deste iniciativa totalmente pioneira, o Concello crearía unha bolsa municipal de locais comerciais baleiros para, posteriormente, cun concurso aberto, conceder os Premios EMPREDECO-Pobra.

Estes galardóns consistirían en facilitar que os emprendedores que desexen abrir un novo comercio poidan facer uso destes espazos de xeito gratuíto durante un ano.

Estes comerciantes contarían, ademais, con apoio económico para asumir os custos iniciais da posta en funcionamento da actividade, así como con asesoramento de cara a mellorar a súa viabilidade empresarial e optimizar as posibles sinerxías coa administración e outras entidades comerciais e asociativas do Concello e da comarca.

A posta en marcha desta iniciativa tería un investimento duns 100 mil euros, que o Concello agarda poder recadar a través da solicitude dunha subvención á Deputación duns 80 mil, sendo a cantidade restante asumida con fondos municipais.