A praza de abastos da Pobra volve sortear entre os seus clientes o menú das ceas de Nadal

A POBRA> O concello da Pobra quenta motores para o Nadal coas numerosas campañas que porá en marcha nestas datas. Unha delas céntrase na praza de abastos que repartirá 2400 euros en dous sorteos para adquirir os menús da ceas de Noiteboa e Noitevella.

Quen de achegue estes días pola praza de abastos das Pobra poderá gozar dun espectáculo de Nadal único. A decoración e a o alumeado do recinto engaden un atractivo máis ás compras no mercado que este Nadal volverán ter premio. Os sorteos celebraranse os días 15 e 22 de decembro. En cada un repartiranse tres premios de 400, 200 e 100 caramiñas respectivamente, a trocar nos distintos postos da praza.

Ademais durante todo o Nadal, a praza abrirá polas tardes, en horario de 6 a 8 para facilitar as compras e dar oportunidade a veciños e visitantes de disfrutar deste recuncho máxico.