Retraso Autovía do Barbanza

    3

    A POLÉMICA ESTÁ SERVIDA NO BARBANZA TRALO ANUNCIO DO RETRASO NA CONSTRUCCIÓN DA AUTOVÍA. O TENENTE ALCALDE DE RIBEIRA, MANUEL RUÍZ CRE QUE O GOBERNO GALEGO (PSOE/BNG) NON TEN VONTADE POLÍTICA PARA FACE-LA AUTOVÍA DO BARBANZA. É A RESPOSTA DO PP Ó APRAZAMENTO DESTA OBRA, ANUNCIADO POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL. OS POPULARES CREN QUE A AUTOVÍA PODERÍA ESTAR REMATADA EN 2007. O TENENTE ALCALDE DE RIBEIRA QUIXO OPINAR ACERCA DO ANUNCIO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL NO QUE SE INDICABA QUE O PRAZO PARA A CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA DO BARBANZA SE RETRASARÍA ATA O ANO 2009, DOUS ANOS MÁIS DO PRAZO MARCADO POLO ANTERIOR GOBERNO GALEGO (PP). MANUEL RUÍZ COMENTOU QUE OS TRÁMITES DAS OBRAS PODERÍAN ACELERARSE SEMPRE QUE HOUBERA VONTADE POLÍTICA, TAL E COMO FIXERA O ANTERIOR EXECUTIVO GALEGO, INTERESÁNDOSE POLO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE GALICIA. RUÍZ INFORMOU DE QUE AS OBRAS LEVAN XA DOUS MESES DE RETRASO, DEBIDO A TARDANZA DA NOVA XUNTA EN ADXUDICAR AS OBRAS. POR OUTRA BANDA, COMENTOU QUE O PRAZO DE EXECUCIÓN DAS MESMAS DEPENDE DA EMPRESA QUE AS LEVE A CABO, E QUE OS PROXECTOS DESTAS COMPAÑÍAS CONTEMPLAN UN PERÍODO DE ENTRE TRINTA E TRINTA E CATRO MESES E MEDIO PARA A CONSTRUCIÓN DA INFRAESTRUTURA, POLO QUE PODERÍA ESTAR REMATADA PARA MEDIADOS DE 2008. POR ÚLTIMO, O POPULAR RIBEIRÉS DEMANDOU Ó NOVO GOBERNO QUE ADXUDIQUE CANTO ANTES A OBRA E, QUE NON ESPEREN ATA O 20 DE NOVEMBRO, COMO ESTÁ PREVISTO, XA QUE ISTO TAMÉN ESTÁ A RETARDAR A CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA.

    COMPARTIR