A estación de autobuses de Ribeira estará rematada en xaneiro

RIBEIRA> O concello de Ribeira agarda rematar a estación de autobuses no mes de xaneiro. Tralas numerosas trabas xurdidas na obra, por fin se retomaron os traballos que permitirán dotar a Ribeira desta infraestrutura tan necesaria.

Entre finais de ano e principios de xaneiro. É a data que estima o concello de Ribeira para rematar as obras da estación de autobuses que tralas demoras sufridas xa están máis preto de materializarse.

A estas dúas importantes actuacións engádense as obras de renovación de redes e servizos básicos en tódalas parroquias xunto coa reforma da rúa Castelao en Aguiño ou as beirarrúas na rúa Rosalía de Castro.

Nesta liña, está previsto acometer proximamente, con cargo ó remanente de tesourería, actuacións de mantemento en importantes rúas do casco urbano como Canarias, Galicia ou Miguel Rodríguez Bautista así como na rúa Buenos Aires en Corrubedo.