Esta mañá a corporación municipal da illa de arousa era chamada a declarar polo recurso interposto polo arquitecto fernando baeza, despois de que o pleno acordara o seu cese. Este acordo nunca se fixo efectivo, xa que o técnico abandonou o seu posto de traballo voluntariamente para trasladarse a outro destino.
Non fixo falla que o alcalde e os concelleiros da illa de arousa declararan no xuízo. Os propios avogados presentaron as declaracións nunha vista rápida e clara.
Todo se remonta a febreiro, cando os tres grupos da oposición presentaron unha moción no pleno na que solicitaban o cese do técnico fernando baeza por irregularidades no seu traballo. Malia que o partido socialista votou en contra a moción foi adiante.
O arquitecto acudiu entón á xustiza interpoñendo un recurso administrativo no que pedía a nulidade deste acordo. Hoxe os avogados víanse as caras nos xulgados de pontevedra. Os letrados dos grupos da oposición aseguran que o pleno pode tomar estas decisións. Segundo a parte denuciante, a decisión do cese de fernando baeza non cumpliu os cauces axeitados.
Deste xeito, o grupo independentes da illa de arousa, síntense satisfeito polas declaracións de hoxe e seguros de que a xustiza lles dará a razón.