O Alcalde de cambados non convocará o pleno solicitado polo Bng para debate-lo problema dos vertidos. Segundo Cores Tourís, o motivo fundamental para apraza-la sesión, é o nomeamento de Montse Prado (Bng) como nova delegada provincial, cargo incompatible co de concelleira.
Segundo o Alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, calquera acordo que se tomase nese pleno extraordinario sobre vertidos podería verse viciado de nulidade,
Ó ser incompatibles os cargos de concelleira e delegada provincial de Montserrat Prado.
Por outra banda cores tourís acosou ós grupos da oposicón de estar empeñados en levar a cabo unha estratexia de desgaste do goberno local sen preocuparse de buscar
Ningunha solución ó problema medioambiental. Pero o máis grave, di o rexedor, é que tanto o bng como o Psoe e os Independentes descalifican e boicotean calquera intento de solución do problema co fin de seguir desgastando ó goberno local. Así, piden que se contrate unha auditoría
Cando os propios técnicos de Augas de Galicia recoñeceron que a depuradora non da abasto. Segundo o Alcalde as conserveiras non cumpren coa normativa tan escrupulosamente como dí o voceiro socialista, Pepe Daporta, a quen acusan de verter residuos de ostra, berberecho e ameixa nun monte de Tragove.
Mentres tanto, o Goberno Local de Cambados anuncia que fará cumpri-la legalidade e pechará os conductos do saneamento ós municipios que non controlen a saturación da rede e que expedientará a 3 coñecidos simpatizantes do Bloque por pegar carteis sen autorización en varios puntos do concello, xa que supón outra forma de