Vilagarcía prepárase para o Entroido

    VILAGARCÍA> Vilagarcía conta as horas para que comece o seu Entroido. A primeira cita importante será o domingo, co Festival de Comparsas, que xa ten todas as prazas para participar esgotadas. O Sábado dos Ingleses é a novidade que aparece no programa deste ano, no que o concello colabora con Zona Aberta e Ahituvi. Propostas moi interesantes para pasar estas datas en Vilagarcía.

     

    En Vilagarcía, o Entroido arranca por todo o alto. O domingo a vila da a benvida ao Carnaval cunha das citas máis importantes do programa: o Festival de Comparsas, no que dez compañías encherá de cor, música e divertidas letras o auditorio.

    O martes, sempre que o tempo o permita, a festa trasladarase á rúa co tradicional Desfile de Carnaval. Pero se a chuvia fai acto de presenza o concello ten listo un plan B.

    Tamén estarán pendentes do tempo os organizadores da novidade que se incorpora no programa: a recuperación do Sábado Inglés, no que o concello colabora con Ahituvi e Zona Aberta.

    O programa trae outras actividades, como o Festival Infantil que se celebrará o luns na praza da peixería, e os enterros que chegarán cara finais de semana. Así, o sábado Vilaxoan e Bamio enterrarán a sardiña e o arenque respectivamente, mentres que Carril fará o propio o domingo tamén coa sardiña.

    Todas elas citas que fan que a festa do Entroido estea garantida en Vilagarcía.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/04/previo_entroido_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/04/previo_entroido_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí