Sete meses sen cobrar e dobrando quendas: ‘Non aguantamos máis’

    RESI3 copia.jpg O GROVE> As traballadoras da Residencia Santo Anxo viven unha situación laboral ”insostible’. Culpan ó propietario Antonio Fernández Padín.

    {flowplayer}images/salnes/DESPEDIMENTOS_RESIDENCIA_GROVE.flv{/flowplayer}

    Dezaseis persoas traballan actualmente coidando ós maiores da Residencia Santo Anxo. O centro ten unha capacidade de 55 prazas e cando todas funcionaba a pleno rendemento a plantilla estaba formada por unhas 40 persoas. Agora, apenas están cubertas a metade das prazas, e o goteo de empregados que abandonan é constante. As dúas últimas, a semana pasada. Levan desde setembro do ano pasado sen cobrar as súas nóminas nin as pagas extra, e ás penurias económicas hai que unir a alta carga de traballo. Son menos para facer o mesmo traballo, xa que os maiores teñen que estar atendidos as 24 horas.

    Tanto as traballadoras como o sindicato CIG apuntan ó propietario, Antonio Fernández Padín, como principal responsable desta situación. Acúsano de deixadez, posto que as mesmas empregadas teñen que coordinarse entre elas para fixaras quendas de traballo, apenas fixo as reformas necesarias no edificio para adaptalo, como esixe a Xunta, ás persoas dependentes, e apuntan a que incluso debería facturas a algúns provedores. Reclaman unha solución, por cuestión xa de humanidade.

    Polo momento xa tomaron medidas legais e presentaron unha demanda no xulgado do social para que, se non paga, se proceda á rescisión dos contratos e cobrar así os salarios. Tamén esta mañá puxeron a situación en coñecemento da consellería de traballo e benestar e xa o denunciaron en decembro ante a inspección de traballo.

    Redacción Salnés