Os nenos e nenas do Campus San Martín recolleron e reciclaron o lixo da praia do Preguntoiro

VILAXOÁN> Os campus San Martín e a Fundación Amigos de Galicia colaboraron xuntos para limpar a praia do Preguntoiro. Os máis pequenos recibiron unha clase de reciclaxe e posteriormente recolleron o lixo da praia. O obxectivo da actividade é concienciar aos máis pequenos en que gocen da praia coidando o medio ambiente.

Os máis pequenos de Vilaxoán deron hoxe unha lección sobre o coidado do medio ambiente. Os nenos e nenas do Campus San Martin desprazáronse á praia do Proguntoiro para recoller e reciclar todo o lixo que atoparon. A actividade englóbase dentro do proxecto ‘O futuro nas túas mans’ da fundación amigos de Galicia.

As nenas e nenos atenderon á clase teórica e logo gozaron percorrendo toda a praia e reciclando todo o lixo que atoparon. Os máis pequenos demostraron todo o aprendido.

Esta é unha das moitas actividades que realizan os nenos e nenas do Campus San Martín. Dende a organización buscan que os máis pequenos gocen aprendendo.

A fundación amigos de Galicia desenvolverá o seu proxecto por máis concellos. Pola súa parte, o campus San Martín continuará realizando máis actividades para que os pequenos gocen do verán, practiquen deporte e amplíen os seus coñecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí