A Deputación recibe 493 proxectos para o seu Plan Anticrise

    plan_deputacion100.jpgPONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra colgará o cartel ‘estamos en obras’ a partir do mes de xaneiro.

    {flowplayer}images/salnes/plan_deputacion.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra colgará o cartel ‘estamos en obras’ a partir do mes de xaneiro. A lo menos, esta é a intención da Deputación, que acaba de recibir 493 proxectos dos concellos para atender prioridades básicas. Actuacións que, sumadas ás que presenten Vigo e Pontevedra, suporán un investimento de preto de 70 millóns de euros, dentro do Plan Anticrise da Deputación.

    A Deputación estima que para a execución destes proxectos se poderán crear máis de tres mil postos de traballo, que sumados ós que xa ten agora contratados o organismo provincial serán máis de seis mil a partir de xaneiro. Amais de cubrir a eiva de traballo nestes tempos de crise, Louzán afirma que este plan permite ós concellos manter o seu nivel de servizos.

    Nestes case cincocentos proxectos hai actuacións de medio ambiente, obras hidráulicas, saneamento e abastecemento e mesmo para aforro enerxético. O presidente da Deputación considera que este plan si ten en conta a dispersión de poboación desta provincia, ó contrario, di, do que fai o Plan E do goberno central. A Deputación de Pontevedra ten previsto investir nos concellos, ata 2011 incluído, 275,6 millóns de euros.

    Redacción Salnés