RIBEIRA> A Xunta de Galicia solicita ó concello de Ribeira a busca de novos terreos para a futura residencia. Finalmente non poderá emprazarse na parcela das Saíñas por mor dos cambios na normativa estatal ó tratarse dunha zona potencialmente inundable.
No medio da polémica pola tardanza da futura residencia de Ribeira despois de que o BNG levara ó Parlamento a necesidade de axilizar a construción dun centro público para a terceira idade, o proxecto sufrirá un novo retraso.
O motivo é o cambio na normativa estatal trala DINA de Valencia que prohibe a construción de edificios públicos en zonas potencialmente inundables. Así o anunciou esta mañá a Conselleira de Política Social que vén de trasladar ó concello a necesidade de buscar unha nova parcela, cunha superficie mínima de seis mil metros cadrados.
A pesar deste cambio que implicará un retraso considerable, a Conselleira insistiu en que o seu departamento mantén o firme compromiso de dotar ó concello deste servizo para avanzar na atención ós maiores de toda a comarca.
Os terreos onde se emprazaba a antiga distoteca Hesta Kurva foran cedidos polo concello a principios de 2025. A Xunta procedera xa ó derrube da antiga edificiación e acondicionamento da parcela.











