O Bng de Sanxenxo critica a xestión de Monte Faro

    O bng de sanxenxo organizou esta fin de semana unha reunión cos veciños e propietarios de parcelas no monte de faro. Nestes terreos, o goberno municipal propón a construcción dun campo de golf e dun parque arqueolóxico, ademais dunha zona residencial. O grupo nacionalista considera que existen moitas dúbidas entre os veciños afectados.

    O desenvolvemento do solo urbanizable número trece, en sanxenxo, farase polo sistema de cooperación, entre o concello e os máis de cincocentos propietarios. Para falar disto, o bng convidou ó arquitecto xosé henrique rodríguez peña. Segundo sinalou, neste caso o procedemento máis axeitado sería o de compensación.

     

     

     

     

     

    No plan parcial, o concello cifra o coste do campo de golf en 8,8 millóns de euros, do parque arqueolóxico en algo máis dun millón de euros, e da urbanización, sen ter en conta a edificación, en 20,8 millóns de euros. O arquitecto xosé rodríguez advirte que estas son cifras estimativas que poden variar considerablemente co proxecto definitivo. Explicou tamén a situación na que queda o 40 por cento de propietarios que aínda non venderon as súas parcelas no caso de que o plan siga adiante.

     

    Esta información está pode vela en Telesalnés-Barbanza.