O barro e a auga asolagan varios inmobles en Rubiáns de Arriba

    rubians_100.jpgVILAGARCÍA > Os veciños do lugar de Lago, en Rubiáns de Arriba protestan polos desperfectos que lles están a ocasionar as obras do futuro vial de acceso ó Porto.

    Onte e hoxe, as estradas estaban cubertas de lama, que tamén chegaba ós portais e ó interior dalgún garaxe; alpendres ou mesmo chegou a asolagar algún galiñeiro.

    Hai varios veciños que pediron á empresa adxudicataria das obras axuda para que lles limpase a estrada para evitar que cas novas choivas que se agardan para mañá, se lles volva a asolagar o baixo; sen que ate o de agora lles fixeran caso. En total, estamos a falar dunhas dez vivendas afectadas e dunha chea de fincas.

    Estes veciños foron dar conta ó Concello de Vilagarcía, onde lle prometeron que unha unidade da policía local se ía a encargar de vixiar a zona; algo que non cumpriron.

    Ante a ausencia de responsable algún destes problemas, os veciños xa non saben que facer nin a quen acudir; polo que pregan, a quen corresponda, que se deixen de facer estas canaletas que desaloxan a auga das obras pero que a desvían directamente ás súas propiedades.

    Redacción Salnés.